Un 25% dos vertidos en ríos son malos funcionamentos das depuradoras.

EDAR de Ponte Caldelas, responsable da morte de tódolos peixes  en 10 kms. fai días...

 

Edar de Ourense absoleta dende fai moitos anos...soltando merda a cano aberto últimamente... Inda non se fará outra...O río Miño aguanta o que lle boten... 

 

Edar de Vigo, totalmente insuficiente, están xa con outra....

Mapa de depuradoras. Xunta 1999. Incrible

Agustín Hernández  é o responsable hoxe do tema, veremos o que fai,  eu non son nada optimista.

 

Que podemos facer os galegos?, sobre todo os que nos movemos polos ríos: denunciar e denunciar non cruzarse de brazos e ir a pescar a outro río...

100.000 pescadores son moitos ollos vendo os nosos ríos pero a verdade é que somos un colectivo raro...podíamos facer moito pero estamos a calar... parece que soio nos importa a nosa cesta...

Este é o dato oficial (23 de agosto do 2.009) pero non é o real. Eu creo que iso é o que sabemos e non o que vemos. Explícome.


Son 7.000 os vertidos detectados nas rías (2.094) e os ríos (5.049) galegos dos cales 1.757 débense a fallos de depuradoras como: a do Verdugo (Ponte Caldelas), Gafos (Pontevedra), Ponteareas (Tea), Porriño (Louro). Barbaña (San Ciprián Ourense), Ourense (Miño e Loña), Lugo (Miño), etc. e outros que non se contabilizan como son os vertidos  a
"Cano aberto", por exemplo da depuradora de Ourense e outras que non se detectan loxicamente, a iso refírome cando digo e  non contabilizados.

Estos días 24 de agosto do 2009 leo a contaminación do río Sarria por debaixo da depuradora do pobo, morreron centos de troitas e inda non se sabe que pasou, un día sí e outro tamén ocurren estas cousas en Galicia. Ver o link.


Galicia é un caos en depuración e o 2.015 está a bolta da  esquina. Levamos máis de 20 anos falando dos mesmo e facendo pouco, moi pouco...


No 2.005 xa tiñan que estar traballando todas as EDAR de pobos de máis de 5.000 habitantes,  xa se falaba delas en época de Fraga e que ían facer... ¡Eu é que non vexo ningunha!!. As poucas que hai en marcha funcionan mal ou non funcionan, aparte de estar xa absoletas xa que non seguen protocolos modernos de detención de metais, alertas varias, decantación e depuración.
A Coruña, Vigo siguen con problemas nas súas EDAR e así suma e segue.  O mar é moi grande...


Baiona, Ribeira, Corrubedo, Ares, e máis están esperando solucionar os seus problemas. As rías galegas están de luxo...


A política hidraulica da Comunidade galega é do Paleolítico inferior, di Adega e realmente é certo.


Os ríos galegos seguen en coma, toda vai a eles e así é un desastre.
En Ourense están tocados todos os ríos incluído o río Miño coa súa gran cloaca en Castrelo de Miño, aguántao todo... Pero van mal o río Avia con problemas en todos os pobos do seu percorrido, o río Arnoia exactamente igual, o río Támega, o río Limia outra cloaca (a depuradora de Xinzo deixa moito que desexar). O río Sil no Barco vai impresentable. Hai pouco ata cuns lodos increibles...
Esperemos dunha vez por todas que nestes anos que quedan ata o 2.015 se resolvan estes problemas.

 
Eu non son optimista pero dito queda...


Por certo vexan as mentiras que se contaban no ano 2000 onde segundo o P.P. ían executadas xa o 60% das obras de depuradoras, vexan o mapa e póñanse a chorar... Pasaron 10 anos e estamos igual ou peor...


Ver este link cos datos do 2.009


A política hidraulica da Comunidade galega é do Paleolítico inferior?

A resposta é si... Sen dúbida...

 

Sair

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VER O MAPA DAS MENTIRAS EN DEPURADORAS.

 

O anterior é un mapa sacado da www da Xunta de Galicia ( el dia 18-09-99).. O das datas da un pouco a risa  ( moitas executadas ata 1997 indan non funcionaban en agosto de 1999) , pero bueno ... había que ser  positivos. ANALIZADO O MAPA ANTERIOR,  EN AGOSTO DO 2.000,  RESULTABA  ESCALOFRIANTE O GRADO DE INCUMPLIMENTO.

Pero é que hoxe  en agosto del 2009 vense as  mentiras deste mapa. Cada un que mire o seu  lugar e que vexa como funcionan as poucas que hai...

Volver