Ríos de Montaña cheos de plásticos. Para chorar...

Realmente para chorar.

Dende fai uns anos atopo nos nosos ríos de montaña de todo: latas de cervexa e coca cola, papel aluminio, latas de conservas, algunha que outra botella e un longo etc. Ata,  onde hai contenedores de lixo, estes están vacios e ó redor cheo de porcalladas. Podo pór varios exemplos...
A maioría das veces son de pescadores e algún "dominguero" que levan como levamos todos o bocadillo e que só pensan na súa cesta, xeralmente son os mesmos que meten todo á cesta e aínda por riba deixan as súas porcalladas, que non se reciclan, no lugar.
A educación brilla pola súa ausencia. Ademais a súa intelixencia deixa moito que desexar, xa que seguro que volverán ó lugar e non lles gustará o que ven.
Pero ultimamente empezo a ver con moita frecuencia plásticos, en ríos que non teñen pobos por riba de onde aparecen.
Ver a fotografía que segue:
 

 

Fotografía do  río Navea en Chandrexa de Queixa. 20 de Maio 2008. Plásticos en 2 kms de río, nas árbores e moitos no fondo do río.
Explicación: algún indesexable deixou un camión de lixo con plásticos e sabe Deus que...e as últimas riadas levárono ao río.
O estercolero según a miña investigación está 500 metros arriba das pondras  da baixada de Taboazas en Chandrexa de Queixa.
Por suposto non é dos señores que viven na Ferrería (catro kms. por riba do lugar, levan tempo na zona e nunca vín estos plásticos...), como me dicían os Gardas de Pesca,  e por suposto de ningún pobo, que non existe na zona.
Repito para chorar...
Imaxínome que o Concello de Chandrexa de Queixa (no lugar existe unha ruta sensacional...) tomará medidas e limpará o río, ofrézome para limpalo, basta que me avisen...pero estes tíos/as que fan estas cousas,  e as primeiras que comentei máis arriba,  merecen outro tipo de castigos...
Non teñen conciencia, son uns auténticos egoístas con pouca ou nula educación e non se merecen nin ver estes lugares.
"O descoñecemento é unha das causas graves da desgraza humana", dicía Epicuro.

 

A poucos metros da fotografía anterior saquei esta composición, trátase da  leiterena, unha das moitas plantas que existen neste lugar único.

Realmente esa xente non se merece contemplar esta foto.

salir.jpg (1925 bytes) Saír