|
MORTE TOTAL NO RÍO BARBAÑA EN OURENSE
Tódalas fotografías son de Secundino Lorenzo. Autor da Web. Sacos e sacos, toda a fauna piscícola do río Barbaña , en 12 kms., morta dende o Poligono de San Ciprián ata Ourense. Si se confirma que foi a Depuradora de San Cibrán hai xustamente 5 kms. de río, Chegalle ben, o desastre e moi grande. Causas: as de sempre, vertidos incontrolados, limpezas de depuradoras, etc. etc. Engadido posterior: o vertido foi de amonio e cloruro. As augas presentan tamén elementos químicos de todo tipo como fósforo, aluminio, zinc, cobre, hierro, magnesio e plomo en niveles tamén elevados. Seica chegou dunha empresa do Polígono e a depuradora non soupo eliminalo. Culpables: non aparecerán e si aparecen pagarán dous duros dentro de cinco anos, ou montarán unha aula da natureza ou algo similar. Unha vergoña... Engadido posterior: parece ser que se tratará de localizar a empresa que fixo estos vertidos. O caso é que a depuradora de San Cibrao non foi capaz de procesar a sustancia para o seu tratamiento, e foi tal cual o río. Non temos remedio nin solución a corto plazo, periódicamente os ríos de Ourense e moitos de Galicia sufren estos desastres. Hoxe o Barbaña, onte o Arenteiro, o Limia, o Avia, o Tamega, o Umia e o que non se denuncia xa que non se ve, inda que logo se nota, como o río Mao (fai catro anos ou cinco anos cós purins, que morreu todo...) e outros onde os peixes morren pola noite en moitos tramos dos ríos onde as granxas fan o que lles da a gana. E non digamos as decantadoras que chaman depuradoras dos pobos que da a risa... Estou aburrido e asqueado da pouca consideración que temos coa nosa natureza. Por non ter hoxe non hai nin Consellería de Medio Ambiente para qué, coa de Infraestructuras chega o que importa son meter minicentrais e pouco máis... Galicia non mira polos seus ríos dende fai máis de vinte anos e así lles vai... ---------------------------------------------------------------------- Seguimento por riba do tema. Resumo: Última hora (10/08/2009) : o Concello de San Cibrao ten bastante que ver no desastre, ver una denuncia de Ourense dixital. Sigue a noticia (10/09/2009): Sigue a investigación ó parecer agora céntrase en catro en cuatro empresas do Polígono, en principio non se sabe cal. A depuradora de San Ciprián verten os polígonos de Barreiros, San Ciprián e Monterrey. Parece que a sanción estará entre 400.000 € e 500.000 €. Xa hai unha partida de 300.000 € para rexenerar o río. Todo improvisación ó parecer a rexeneración consiste en cortar as especies invasoras e plantar árbores autóctonas...Sigo sin entender nada. País...
Video onde o Sr Liñares Presidente de la CHM fala do tema. --------------------------------------------------------------------- Fotografías do desastre do 24 de xuño do 2009 no río Barbaña-Ourense
No río recollendo sacos e sacos de vida piscícola...
Ata unha anguía de preto de 2kg morta e eso que sabemos que aguantan a tope.... O verquido debeu ser criminal...
Observar docenas de peixes mortos nas pedras, trátase de bermelliñas, gobios e algún que outro espiñento. Seica tamén algúnha boga. Engadido: "Ata agora contabilízanse 7.700 exemplares muertos: 3 anguías, 4.794 bermelliñas, 338 bogas, 2.560 gobios, 57 espiñentos e 2 cangrexos americanos, según informa a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil." Apareceron tamén dúas ou tres troitas mortas, pero na desembocadura do Barbaña, e unha cantidade moi grande de caranguexo roxo americano, que son os únicos que aguantan todo. Ese está tamén a desfacer os ríos...E inda por riba aguanta o que lle boten...
A anguía evidentemente das recollidas en Frieira, seguramente fai cinco ou seis anos, e botada no Miño e que logo suben o río Barbaña. Poucas, sa que os encoros de Frieira e Castrelo no río Miño no teñen solucionado nin o van a solucionar o tema das subida das anguías. para qué dirán, para logo morrer no Barbaña, é unha coña miña...
Son todo bermelliñas e un caranguexo americano.
Sacos como ese van cada pouco ó coche basura da Consellería de Medio Ambiente.
O río está defenestrado.
Varias dotaciones de medio ambiente, ata 10 persoas pasaron o día traballando entre o Pabellón e a Plaza de Abastos en Ourense cidade, tardarán días xa que moitos peixes vense no fondo do río. -------------------------------------------------------------------------------------------- Ó chegar aquí non me queda máis que lembrar ós políticos de todos estos anos, vendendonos a burra da limpeza do río Barbaña e aquel que fai pouco, que decía que o Barbaña tería en pouco tempo salmónidos... Seguramente se refería a salmónidos mortos... Mentiras e máis mentiras. Os ríos non interesan en Galicia e non o entendo nin o entenderei nunca... Os ríos son o ouro do futuro. ---------------------------------------------------------------------------------------------- O desastre na prensa. La región. Cientos de peces. Voz de Galicia Decenas de peixes... Faro de Vigo Elevada mortandaz. Ourense dixital. 8000 mortes de momento. --------------------------------------------------------
|