
Agustín Hernández-Fernández de Rojas, actual Conselleiro de Territorio, Obras Públicas e Medio Ambiente da Xunta de Galicia 2009.
A verdade que este home tuvo un comportamento impresentable, nada profesional e penoso, cando analizou o impacto ambiental do encoro do río Umia no ano 1995. O seu informe foi de xulgado de garda. Víuselle o plumeiro, e por suposto a quen defendía...
As personas cambian e esperemos que este home non sexa o daquelas. Si conserva algo, que é o máis seguro, que temblen os ríos galegos, calquera cousa inda que estropeen os ríos irá para adiante...
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Recordemos aquel detalle do ano 1995
FE DE ERRATAS REMITIDO Ó SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CALDAS POLO SUBDIRECTOR XERAL DE INFRAESTRUCTURAS HIDRÁULICAS.
|
Vexamos o escrito:
| XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
ASUNTO: ANTEPROXECTO DA PRESA DE CALDAS DE REIS NO RÍO UMIA. En relación co asunto remítolle un exemplar de "Fe de erratas" do documento citado.
Santiago , 13 de novembro de 1995.
O SUBDIRECTOR XERAL DE INFRAESTRUCTURAS HIDRÁULICAS.
Asdo: Agustin Hdez. Fdez. de Rojas. ---------------------------------------------------------------------------------------------------- XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
FE DE ERRATAS DEL ANTEPROYECTO DE LA PRESA DE CALDAS DE REIS EN EL RÍO UMIA.
.-Tomo II, Página 37 , linea 4º Donde DICE Presa de Sanlúcar DEBE DECIR Presa de Caldas.
.-Tomo II, Página 119, líneas 10ª y 11ª : Donde DICE Puebla de Guzmán DEBE DECIR Caldas de Reis.
.- Tomo II, Página 168 , Linea 3ª :
Donde DICE Ribera de Guadiana DEBE DECIR Unidad Paisajística de la presa de Caldas de Reis.
.- Tomo II, página 168 , Linea 5ª
Donde DICE Unidad Paisajística de Caldas de Reis DEBE DECIR Riberas del río Umia.
|
Realmente de vergoña.
NÓTESE QUE NON RECTIFICA PARA NADA A CUESTIÓN DA FAUNA.
Calquera Xuiz apreciaría delitos gravísimos no escrito anterior. Habería que ter medios económicos, naquel intre non había, para emprender esa acción. Pero que se lle vai facer...soio quedou o pataleo.
Ata aquí aquela reseña escrita no ano 2002 sobre este asunto...
Ata aquí a Coordinadora Antiencoro do Umia en Caldas de Reis. 2009
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Encoro de Caldas. Simplemente relizado para producir electricidade por parte de Hidroeléctricas Cortizo. Fíxose en contra de tódolos os informes científicos e pasando por riba dos donos das terras. Hoxe (xullo do 2009) parece xa cobraron todos, pero sei, xa que falei con eles no seu día, que moitas noites pasaron sin dormir ameazados de todo, incluso que lle quitarían as pensións, si non vendían as súas terras...eso no ano 2002, nunha España Democrática... Aquel día sentín vergoña e inda a sigo sentindo...
(Secundino Lorenzo, webmaster da web Ourense Natural broma ou realidade)
O que queira profundizar naquela desfeita do encoro do Umia "Monumento a prepotencia da Xunta de Fraga", un auténtico crimen a nosa natureza, unha desgracia para o río Umia e que pode ser inda peor no futuro, pode visitar este link que fixen daquela dende Ourense pero seguindo paso a paso a desfeita. Foi unha vergoña o que pasou e nunca debera suceder e menos nun país democrático como España nos arredores do ano 2000. Este é o link que explica a loita en contra deste encoro.
Este conselleiro actual Agustín Hernández, o anterior Presidente da Xunta o Sr. Fraga, o finado Cuiñas, Diz Guedes, Hidroeléctricas Cortizo e outros tuveron moito que ver neste para mín desastre que nunca se debeo facer. De momento este encoro soio deu disgustos (a eutrofización foi galopante nos últimos anos, a auga non sirve para nada)...esperemos que se quede ahí a cousa e que non se cumplan os peores informes de corremento de terras, por certo emitidos pola Universidade de Vigo, ou da desaparición no futuro da ameixa na desembocadura do Umia e outras cousas...Todo esto foi pasado polo sobaco, por poñer unha expresión fina, por este Sr. que hoxe, como son as cousas, está o frente da Consellería de Medio Ambiente.
Persoalmente eu non me podo fiar dunha persoa así e síntome insultado, independientemente de que como demócrata lle desexe o mellor, que será nese caso o mellor para a nosa natureza que é o que defendo dende fai moitos anos...
Unha das moitas fotografías daquelas datas, soio fai sete anos. As Forzas do Orden dasaloxando os donos das fincas, catro persoas maiores..., das súas propiedades. O fondo o río Umia o gran masacrado, xunta con esta xentiña que non se merecían este trato...
![]() ![]() |
|
O Encoro de Caldas anegou unha zona marabillosa do río Umia, afectando a Caldas, Cuntis e Moraña. (Dibuxos de Fran Ameixeiras)

Mapa da zona, cós Concellos afectados.
Sair do informe.
Salir del Informe.