|

EDAR de Ponte Caldelas, responsable do
vertido.

José Manuel Cores
e Agustín Hernández

150 kg. de troitas, peixes e anguías mortas
no río Verdugo.

Fotografía Xan Xiadas. Prohibición de bañarse |
Contaminación o día 19/08/2009 : Un
fallo da depuradora de Ponte Caldelas
provoca a morte da fauna en 10 kms. no
río verdugo. Esta foi a noticia.
Ver
o link O tema recórdame ao ocorrido en
Carballiño (01/11/1997) coa depuradora,
daquela foi no río Arenteiro, matou todo
en 10 kms xa fai máis de 11 anos e hai
pouco abriron á pesca o tramo onde
ocorreu o desastre e aínda non está do
todo recuperado. A vertedura fora de
sosa, tamén unha espuma blanca.... Aquí no Verdugo din que é de
Policloruro de Aluminio ou algo así,
vaia Vd. a fiarse disto. Fóiselles a man
igual que no Arenteiro e outros ríos..
Aquí no Verdugo é distinto, isto segundo
a Xunta de Galicia actual, co seu
responsable á fronte, neste caso o
Delegado da Xunta en Pontevedra José
Manuel Cores Tourís, dependente de
Agustín Hernández di que xa está
recuperado. Que se botan unhas troitas e
listo. Ver esta noticia neste
link.
A verdade é que lendo estas afirmacións,
sabendo que os datos son 10 kms de río
mortos totalmente: 150 kg. de troitas,
anguías e peixes. Ata miocas mortas é
dicir que morreu ata a comida destes
peixes (supoño que están afectados
outros insectos imprescindibles nun río)
... como se pode dicir que aos dous
días: ..."a falta de algún
resultado de análisis, las analíticas dan bien, por lo tanto
estamos hablando de un producto que no es altamente
contaminante. Lo que es el cauce del río no está a día de hoy
contaminado, no tiene ningún tipo de contaminación"...
José Manuel Cores. Como se pode ser tan incompetente e
descoñecer a realidade desta forma. Que
pasa con toda a cadea trófica dese tramo
de río. Este Sr. descoñece que terán que
pasar anos para volver ao seu estado
primitivo. De verdade poño esta noticia xa que me
sinto gobernado, no que á natureza
respecta, por incompetentes, que ademais
menten, e o que é aínda peor, non resolven os problemas salvo con chapuzas
impresentables e eu diría indecentes...
Por que indecente é repoboar un río con
troitas que non teñan nada que comer...
Ou cambian, que o dubido, ou malos anos
espéranlles aos ríos galegos con este
tipo de accións e con este tipo de xente...
A Xunta, con Agustín Hernández
(este home sigue a ser aquel enterado que deu para adiante o
encoro de
Caldas, impacto que estaba feito para o río Guadiana con
gallipatos...) insiste que todo está normalizado
(21/08/2009)...Ver
link
|